6 de xuño de 2025
Os días 7 e 8 de xuño, o recinto acollerá postos de venda, degustacións e actividades gratuítas para todas as idades arredor da cultura e sustentabilidade do mar
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou esta mañá na inauguración do Mercado Mar de Mares, que abrirá as súas portas á cidadanía durante os días 7 e 8 de xuño no mercado municipal de San Agustín.
O Mercado Mar de Mares é unha das actividades máis consolidadas do festival do mesmo nome que se celebra na nosa cidade ata o día 15 de xuño e que nos seus doce anos de andaina converteuse nun evento de referencia no noroeste para sensibilizar sobre o coidado do mar e a costa desde unha perspectiva educativa, lúdica e social.
Neira subliñou que "o recinto municipal de San Agustín é o mellor escenario para acoller esta iniciativa" e destacou o respaldo do Goberno de Inés Rey a un Festival "que ofrece unha mirada ampla e ao tempo exhaustiva sobre o mar que nos rodea e fainos únicos".
Durante dous días, o Mercado Mar de Mares ofrecerá a posibilidade de comprar e degustar produtos relacionados co mar e actividades para todos os públicos como showcookings, talleres, conferencias, concertos e moitas máis actividades para todos os públicos.
A inauguración contou coa presenza de destacadas personalidades do ámbito ambiental e da sustentabilidade. Entre elas, Odile Rodríguez de la Fuente, divulgadora científica e filla do emblemático naturalista Félix Rodríguez de la Fuente, quen puxo en valor a relevancia deste evento a nivel estatal como exemplo de compromiso coa protección dos océanos e a educación ambiental. Tamén estiveron presentes o biólogo Javier García Gallo, a directora de Comunicación e RSE de Vegalsa, Gabriela González; a directora de Comunicación e Marketing de Signus, Isabel López Rivadulla; e a directora de Innovación e Marketing de Gestán Conteco, Laura Vázquez.
O sábado 7 o mercado estará aberto de 11 de 21:00 horas e o domingo de 11:00 a 19:00 horas. As actividades son gratuítas e as persoas interesadas en participar poden inscribirse no espazo mar de Mares habilitado no propio mercado, salvo para o showcooking de Moncho Méndez, para o que haberá que inscribirse na web do festival.
Esta iniciativa conta co respaldo institucional como mostra do compromiso municipal coa promoción da cultura mariña e o apoio a propostas que fomentan a sensibilización ambiental. No marco da aposta do Goberno de Inés Rey por facer da Coruña unha cidade referente en sostibilidade, educación ambiental e dinamización dos espazos públicos, eventos como o Mercado Mar de Mares consolidan a súa presenza no calendario coruñés.
Más información en MDM2025 - Festival Mar de Mares
16 de xullo de 2025
15 de xullo de 2025
9 de xullo de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible