Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

18 de xullo de 2025

O Concello ultima a proposta de medidas correctoras trala declaración de zona tensionada na Coruña

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, informou esta mañá os diversos colectivos e entidades que tomaron parte na mesa sectorial de vivenda

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, presidiu esta mañá a mesa sectorial de vivenda que tivo lugar no Palacio Municipal de María Pita, na que o edil informou de que o Concello está a ultimar a proposta de medidas correctoras trala declaración da zona de mercado residencial tensionado na Coruña.

Díaz Gallego lembrou que esta é unha das medidas postas en marcha polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de lles facer fronte ás dificultades existentes no termo municipal en termos de vivenda, tanto polo incremento dos custos como pola necesidade de dispor de máis oferta residencial, especialmente de alugueiro.

"Esta realidade é extensible á meirande parte do país, sobre todo nas cidades, e nós temos a responsabilidade de actuar na Coruña para equilibrar esta situación con todas as ferramentas das que dispoñamos. Estamos a facelo escoitando a colectivos e entidades, indo da man para falar e consensuar as actuacións necesarias", explicou Díaz Gallego.

Hoxe, na mesa sectorial de vivenda houbo representación de APROINCO, APECCO, COAG, COATG, o Colexio da Propiedade Inmobiliaria, o Colexio de Administradores de Fincas, a Federación de AAVV, EMVSA, Delegación del Gobierno, AGALÍN, Poten100mos, Fundación RAIS, CASCO, ACCEM e Cáritas.

"Escoitamos todas as súas propostas antes de lle remitir máis documentación ao Goberno autonómico. A zona de mercado residencial tensionado xa é efectiva a día de hoxe e confiamos que contribúa a aliviar a situación actual en termos de vivenda na cidade", concluíu Díaz Gallego.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible