Esta tempada de primavera propoñemos un paseo pola imaxinación que invita a gozar da maxia dos primeiros encontros coa arte.
Para público en xeral
Dende o 22/02/2026 ata o 31/05/2026
As entradas sairán á venda o venres anterior á realización de cada función, a través das canles habituais.
11:30 e 13:00 h
ENTRADAS
• Entrada: 6,00 €
• Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
Só dispoñible nos despachos de billetes
• Menores de 3 anos: 2,00 €
• Inicio das vendas: O venres anterior a cada espectáculo,nos horarios habituais da Praza de Ourense e en Ataquilla.com
Venda de billetes
• www.ataquilla.com
• Despacho de billetes da Praza de Ourense (agás festivos): De luns a venres de 11:00 a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h.
• Despacho de billetes do Ágora: Desde unha hora antesdo comezo do espectáculo (sempre que quedenentradas dispoñibles).
ACCESO ÁS FUNCIÓNS
agora@coruna.gal
Entramos no fondo do mar con Babili Glub (Galitoon), onde a calma das augas se rompe coa aparición dun peixiño moi especial e as súas curiosas aventuras estimulan os sentidos e a imaxinación.
Subimos ás alturas coa poesía de Y las ideas vuelan (Animal Religion), deixando que as ideas medren, se transformen e se entrelacen co movemento, a música e o xogo.
Percorremos os ritmos da terra con Pachamamá (Cachirulo Teatro), que esperta en primavera con flores e seres voadores, viaxa polo calor do verán, vístese de festa no outono e adormece baixo a neve do inverno.
E finalmente, deixámonos levar polo vento de Loo (Ponte en Pie), que move teas, obxectos e emocións, sorprendendo e envolvendo a quen o mira.
Catro mundos que se abren nunha viaxe de movemento, cor e son, e transforman o teatro nun espazo de encontro, sorpresa e descubrimento para bebés e acompañantes.
Domingo, 22 de febreiro
Babili Glub
Domingo, 15 de marzo
Y las ideas vuelan
Domingo, 12 de abril
Pachamamá
Domingo, 31 de maio
Loo - Ponten Pie
VENDA DE BILLETES
Actividades relacionadas