Viaxar sempre é unha experiencia única, na que un dos factores máis importantes é a compañía. O destino perfecto xa o tes, A Coruña, unha cidade pensada non só para as persoas, senón tamén para as mascotas.
Como cidade petfriendly (de mascotas amigables) desde o 2020, aquí non hai plan que non poidas facer xunto ao teu mellor amigo ou á túa mellor amiga. Gastronomía, natureza, cultura e mesmo moda son só algúns dos encantos dos que poderás gozar na mellor compañía. Sabías ademais que desde A Coruña comeza un dos Camiños de Santiago máis curtos? Unha actividade perfecta para facer xunto coa túa mascota.