Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda de concertos

Festivais A Coruña

Non perdas a programación musical da cidade.

Festivais, concertos ao aire libre, actuacións en salas... A Coruña consagrouse nos últimos anos como un faro no sector cultural e musical.

Milleiros de persoas visitan a cidade para gozar de shows de primeiro nivel con artistas nacionais e internacionais.

Consulta a nosa programación para non perder nada!

Festivais A Coruña

Os teus 50 imprescindibles na Coruña

A Coruña aérea noite

Visitas a cidade por primeira vez? Sempre fas os mesmos plans aínda que residas na cidade? Pois aquí che deixamos unha lista de 50 imprescindibles para que goces da Coruña de moitas formas diferentes.

  1. Descubrir o Parque Escultórico da Torre de Hércules (esta non pode visitarse ata xuño por obras).

  2. Comer un xeado artesanal dando un paseo pola Marina

  3. Facer as túas compras na rúa Real

  4. Tomarse un chocolate con churros no Timón ou Bonilla á Vista

  5. Pasear pola Marina ou os Cantóns

  6. Ver o atardecer desde a Xanela ao Atlántico

  7. Sacarse unha foto co polbo do paseo marítimo

  8. Gozar dunha paisaxe máxica desde a Rosa dos Ventos

  9. Facer surf na praia de Matadoiro

  10. Subir ao mellor miradoiro da cidade: o Monte de San Pedro

  11. Ler un libro na praza de Azcárraga

  12. Adentrarse no xardín de San Carlos

  13. Visitar a praza do Humor

  14. Deambular polas rúas do centro histórico durante unha mañá

  15. Vivir o San Xoán (noite do 23 de xuño)

  16. Bañarse na praia das Lapas

  17. Perderse no labirinto de Xerión

  18. Comprar un libro durante a Feira do Libro Antigo

  19. Ver a Batalla Naval en agosto

  20. Correr polo Parque Escultórico da Torre de Hércules

  21. Ir a un concerto das Noites de María Pita

  22. Gozar dun bo café de especialidade

  23. Darse un mergullo en Santo Amaro durante o inverno

  24. Pasear pola Feira das Marabillas

  25. Beber unha Estrella Galicia

  26. Almorzar con vistas ao mar

  27. Ir de compras pola praza de Lugo e visitar o seu mercado

  28. Descubrir os edificios modernistas da cidade

  29. Cear cunha posta de sol en Orzán

  30. Ver unha exposición no Quiosco Alfonso

  31. Probar a tortilla ao estilo Betanzos

  32. Ir de tapeo e viños polas rúas Galera, Estrella, Olmos ou Barrera

  33. Ver as estrelas na Casa das Ciencias

  34. Entrar na casa de Picasso

  35. Quedar con alguén no Obelisco como punto de encontro

  36. Visitar a igrexa de San Nicolás

  37. Ir á DOMUS

  38. Saudar ás focas e a Gastón no acuario

  39. Ir ao teatro Colón ou ao Rosalía de Castro

  40. Fotografarse coa Caracola

  41. Visitar o Castelo de Santo Antón

  42. Sacarse unha foto en María Pita

  43. Percorrer o paseo marítimo en bicicleta

  44. Ir a un concerto no Coliseum

  45. Ver á Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera

  46. Visitar o Castro de Elviña

  47. Queimar a noite coruñesa na discoteca máis grande de Galicia

  48. Ver un partido do Deportivo no Estadio de Riazor

  49. Gozar do mundo da animación con Viñetas desde o Atlántico

  50. Ir ao Museo Estrella Galicia

5 plans para gozar o Día do Pai durante todo o mes

Plans A Coruña Día do Pai marzo Torre

En España, o Día do Pai sempre cae o 19 de marzo aínda que non é festivo en todas as comunidades. Por este motivo propoñémosche 5 plans que podes facer durante todo o mes.

UN PASEO EN BICICLETA

A Coruña é unha cidade perfecta para moverse en bicicleta grazas ós seus máis de 50 quilómetros de carril bici. Pedalea pola Avenida da Marina ata o Castelo de Santo Antón, da DOMUS ata Riazor ou desde o Millenium ata a Xanela ao Atlántico. Descubrirás algúns dos recunchos máis bonitos da urbe herculina desde outro punto de vista.

VER O ATARDECER NA XANELA AO ATLÁNTICO

Agora que os días son máis longos, convidámoste á coñecida como Xanela ao Atlántico para presenciar un dos solpores máis máxicos da cidade.

Podes achegarte ao monumento a pé, en bicicleta ou coche.

IR AO TEATRO OU A UN CONCERTO

A programación cultural sempre é ampla e potente na cidade. A nivel teatral destaca a estrea en España de Piaf! The Show, no teatro Colón, o mércores 18; ou a fin da exposición A Coruña. Arte e textura de Raúl Velloso en Afundación.

En canto á música, a Orquestra GAOS interpretará Rossini no Colón o propio Día do Pai aínda que, se es máis doutro estilo, poderás gozar da 13ª edición do Festival 981 United no Coliseum o sábado 21.

Plans A Coruña Día do Pai marzo Monte San Pedro

SUBIR AO MONTE DE SAN PEDRO

O miradoiro por excelencia da cidade e ao que podes acceder de forma gratuíta. As vistas que rodean ao famoso parque do Monte de San Pedro van desde a Torre de Hércules e parte da Coruña ata a Costa Ártabra, aínda que tamén é fácil albiscar a liña de costa ata Arteixo e mesmo as Illas Sisargas, que pertencen a Malpica de Bergantiños.

Para pasear tranquilamente, facer un pícnic ou simplemente relaxarse, este miradoiro é perfecto para subir un día calquera da semana.

Xanela ao Atlántico atardecer

DESCUBRIR O PARQUE ESCULTÓRICO DA TORRE DE HÉRCULES

Subir á Torre de Hércules é un espectáculo, pero tamén recomendámosche descubrir o seu Parque Escultórico e todos os elementos que o integran.

Guía de ocio

Casa Ciencias Coruña primavera

A quen espera, primavera

Os días medran e minguan as noites. É momento de cambios nos parques e alamedas que deixan atrás a súa nudez invernal para vestirse coas coloridas flores da primavera. E A Coruña, en continua muda, tamén se transforma.

A espera, aquí, sempre vale a pena. O ocaso primaveral, seguramente un dos máis fermosos da península, comeza a asomar polo Atlántico. Tras un intenso inverno colmado de actividade cultural, na cidade que nunca dorme séntese a chegada da primavera como un novo espertar. Concertos, xornadas gastronómicas, ciclos de teatro e moitas exposicións enchen de vitalidade o corazón, agora máis verde, da urbe herculina.

Consulta nosa guía de lecer para non perder nada!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión