Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Rosalía: proclamar ao mundo que Galiza existe. Exposición e visita guiada

A exposición, cedida pola Deputación da Coruña, está orientada para todos os públicos. Foi elaborada por Vía Galega e a Federación Galiza Cultura para popularizar, valorar e coñecer a verdadeira Rosalía, desterrar os estereotipos aos que foi sometida, amosar o seu espírito de muller valente e galega, consciente de selo, e a intención e orientación que guiou a súa obra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/06/2025 ata o 21/06/2025

A actividade inclúe unha visita guiada polo comisario da exposición, Francisco Rodríguez, o martes 10 de xuño ás 17 h.

Xa rematou

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Comisariada por Francisco Rodríguez, a mostra conta coa maquetaxe de Bruno Lopes e os debuxos de Pepe Carreiro. Os textos en galego de Rosalía reprodúcense conforme ás edicións recentes, 2022, da Fundación Rosalía de Castro.

Un conxunto de vinte paneis, con textos de Francisco Rodríguez, conxugan tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de Rosalía de Castro: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra.

Os contidos da exposición e o catálogo correspondente están dispoñibles en liña na páxina web de Vía Galega: https://viagalega.gal/inicio/rosalia-proclamar-ao-mundo-que-galiza-existe/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en