Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Moluscos

Obradoiro sobre moluscos no Aquarium

Dirixido a nenos e nenas maiores de 8 anos

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas maiores de 8 anos, que deben ir acompañados por unha persoa adulta

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 07/06/2025, 08/06/2025

Xa rematou

Horario:

De 12.00 a 13.30 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

20 prazas por sesión

Prezo:

Prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae correspondente a cada persoa

Organiza:

Aquarium Finisterrae, en colaboración con UDCiencia d+i

Con motivo do Día Internacional dos Océano, o Aquarium Finisterrae organiza un obradoiro infantil sobre moluscos, dirixido a nenos e nenas maiores de 8 anos.

A actividade ofreceráselles ás persoas que acudan visitar o Aquarium Finisterrae, que deberán pagar a entrada correspondente en recepción. Nese momento, poderán retirar a reserva para participaren na actividade. Como máximo, cada persoa adulta poderá dispoñer de 2 entradas infantís.

As prazas poderán ser reservadas o mesmo día, por orde de chegada á recepción do Aquarium, a partir da hora de apertura do centro, ás 10.00 h da mañá.

O obradoiro incluirá as seguintes actividades:

  • Como son caracois de xardín.

  • A diversidade dos animais que chamamos moluscos.

  • Disección de lura para coñecer a súa anatomía interna.

  • Recoñecemento das cunchas da nosa costa.

  • Os moluscos que se comercializan no mercado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en