Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

Membros da Asociación de Amigos diante da Casa das Ciencias

Día da Ciencia na Rúa 2015

Enderezo:

Rúa Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Teléfono:

981 189 840

Fax:

981 189 841

Páxina web:

https://amigoscc.es

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias naceu o 13 de xullo de 1993 co fin de apoiar decididamente as actividades desenvolvidas pola Casa das Ciencias, e colaborar con ela para potenciar todas as formas de divulgación, popularización e educación científica.

Na actualidade, a Asociación de Amigos está aberta a todas as persoas, institucións, empresas e organizacións interesadas na divulgación da ciencia e na promoción dos Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) e o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía).

Vantaxes de ser socio/a

  • Entrada gratuíta á Casa das Ciencias, a Domus, o Aquarium Finisterrae e o Muncyt.
  • Tamén son gratuítas as sesións de Planetario na Casa das Ciencias. As sesións de Cinema 3D na Domus teñen unha cota especial de 1€.
  • Sesións de planetario "á medida" para socios colectivos: persoal de empresas e profesorado e alumnado de centros de ensino.
  • Participación en todas as actividades organizadas pola asociación.

Categorías de socios

  • Numerarios. Persoas físicas maiores de idade. Cota anual de 40 euros. Entregaráselles un carné que será renovado anualmente.
  • Colectivos. Persoas xurídicas. Existen dous tipos de cotas: 75 euros se son centros de ensino e 150 euros, como mínimo, para outras institucións, organismos ou empresas. Entregaráselles un diploma acreditativo.
  • Estudantado. Persoas físicas. Estudantado, de 18 a 25 anos, sen emprego. Cota anual de 8 euros. Entregaráselles un carné que será renovado anualmente.
  • Familiares. Persoas físicas. A cota do titular é de 40 euros; a cota do cónxuxe ou parella é de 15 euros; a cota de cada fillo menor de 18 anos, 4 euros. Cada un dos membros terá o seu carné individual renovable anualmente.
Día da Ciencia na rúa 2015

Día da Ciencia na rúa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en