Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias atópase situada no bonito parque de Santa Margarida. Este coqueto palacete acolle exposicións de astronomía, obradoiros e actividades que convidan a descubrir os misterios da ciencia e do firmamento.

Casa das Ciencias

Inaugurada en 1985, a Casa das Ciencias foi o primeiro dos tres museos científicos coruñeses. Baixo o lema "prohibido non tocar" abriu paso aos museos interactivos da cidade.

Un espazo único no que experimentar e divertirse mentres se aprende sobre ciencia, física e astronomía. Diferentes módulos interactivos espéranche en cada planta, así como exposicións e actividades con temáticas como a lei da gravidade de Newton, o Sistema Solar, a vida dos astronautas ou astrofotografía. No oco central da súa escaleira sorprenderache atopar un impresionante péndulo de Foucault que nos explica o movemento de rotación da Terra.

A iso súmase a visita imprescindible á súa cúpula. Na escuridade do seu Planetario, pódense observar as estrelas, as constelacións e os planetas, programando sesións adaptadas a varias idades.

Astronomía Casa das Ciencias
Planetario Casa das Ciencias

Documentos relacionados

  • Plano de contidos da Casa das Ciencias (760 KB)

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en