O Espazo Diverso é un recurso público dirixido a todas as persoas lésbicas, gais, trans, bisexuais, intersexuais, queer e asexuais, ás súas familias e ás entidades LGTBIQA+ da cidade.
Desde o Espazo traballamos por visibilizar as diferentes identidades, expresións de xénero e orientacións sexuais, a través de diversas accións dirixidas á prevención e eliminación dos factores causantes de situacións de desigualdade e discriminación que lles afectan ás persoas LGTBIQA+.
Nunha contorna próxima e acolledora, ofrécense servizos de atención directa e especializada. Proporcionamos información actualizada sobre os teus dereitos, recursos dispoñibles, a axenda de actividades LGTBIQA+ da cidade e das actividades do Espazo Diverso...
981189889
Verán (desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro): luns a venres, das 09.00 ás 13.30 e das 17.00 ás 19.30 horas.
Resto do ano: luns a venres, das 10.00 ás 13.30 h e das 17.00 ás 20.30 horas.
O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborables de ámbito local, autonómico e nacional.
Para a atención presencial en oficina débese solicitar a cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico.
Próximas actividades
O grupo é un espazo seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación, como soporte emocional, e para favorecer o empoderamiento de acódelas usuarias. As reunións son quincenais, para unirche contacta por teléfono ou por e-mail .
Participa no Club de Lectura do Espazo Diverso, onde descubrirás lecturas sobre o colectivo LGTBIQA+ e reflexionaremos en grupo sobre elas
¡Un espazo seguro para reconectar contigo!
Os coidados son saúde mental, e precisamos parar para escoitarnos, reducir a autoesixencia e aprender a tratarnos con compaixón. Este taller está pensado para acompañarche nese proceso.
Impartido por Tamara Rodríguez Pereira, educadora social e defensora da sensibilidade e dos espazos seguros.
Accesibilidade
Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de descanso/espera e rampla de acceso adaptada/practicable.
Actividades
Equipamentos comúns
Espazos/Locais
Denominación e uso | Superficie e aforamento | Equipamento especifico | Accesibilidade | Reservable |
---|---|---|---|---|
Sala de usos múltiples Aula de usos múltiples | 63.42 m2 (24 persoas) |
| Consultar | Se (*) |
Salón de actos Salón de actos de usos múltiples | 63.42 m2 (50 persoas) |
| Consultar | Se (*) |
(*) Chamar ao centro para consultar dispoñibilidade
Documentos relacionados