
Benvidos/as a Aerolíneas SB. Son a vosa azafata Samantha Ballentines e nesta viaxe ídesvos a KAGAR, pero a KAGAR literalmente, cidade de Alemaña.
Para público en xeral
20/03/2026
20:00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Diverfest
Neste traxecto DE REPENTE A KAGAR viviredes comigo o que é unha auténtica viaxe LOW COST. Nesta compañía tócame facelo todo, absolutamente todo. Check-in, control, instrucións de abordo, levarvos o menú de Polo Frito con moita salsiña (que güeeeno), atender as vosas peticións e mesmo... aterrar o avión.
Todo isto mentres sufro polo p*to JET LAG, bebo para acougar a miña ansiedade e teño unha aventura co piloto que me ten tola. Ah! E unha maleta que non sei de quen c*ño é.
Venda de entradas: Dentralia - AEROLÍNEAS SB - DE REPENTE A KAGAR - A Coruña