Concello da Coruña

Concello da Coruña
Imaxe fotográfica de edificios de estilo modernista da cidade da Coruña

Ando na Coruña: A Coruña do Modernismo

María Pardo Eimil descúbrenos a impronta que deixou na Coruña o Modernismo. Nesta ocasión, só se realizará unha sesión teórica. Nas dúas seguintes, os participantes, acompañados pola experta, percorrerán as rúas coruñesas para coñecer, de primeira man, as xoias arquitectónicas deste movemento artístico, as recoñecidas por todos e as que non o son tanto, que se atopan na nosa cidade. María Pardo Eimil é  Licenciada en Historia da Arte pola Universidad Complutense, Documentalista e Guía Turística oficial.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

Os días 15/10/2025 ás 17:30 , 22/10/2025 ás 17:30 , 29/10/2025 ás 17:30

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/10/2025 ata o 15/10/2025

Inscrición previa.

REQUISITOS:

As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera.

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Número de prazas:

20

Organiza:

Biblioteca de Estudos Locais

Contacto:

Sesión 1 (15 de outubro, ás 17:30h): Conferencia divulgativa a cargo María Pardo Eimil na que a experta falará sobre este estilo arquitectónico en xeral e os elementos que o caracterizan

Sesión 2 (22 de outubro, 17:30 h): Primera visita guiada. Nesta ocasión, María Pardo Eimil acompañará aos participantes nun percorrido pola cidade na que os edificiós modernistas serán o foco de atención. En esta primera visita se mostrará unha parte destes exemplos do Modernismo na Coruña

Sesión 3 (29 de outubro, 17:30h): Segunda visita guiada. A visita iniciada na anterior sesión continuará, descubrindo, nesta ocasión os edificios Modernistas que non se mostraron na primeira das visitas. En ambas as dúas, María guiará as aos participantes explicandolles onde se atopan as características do Modernismo nos edificios coruñeses, referidas na primeira sesión teórica

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión