PECHE DE XIRA
Para público en xeral
06/09/2025
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Un cartel pendurado no manubrio da habitación. "Por favor, arranxe o cuarto". Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.
Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman
PREMIOS
Premio do Público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022
Premio a Mellor Espectáculo de Sala na Feria de Teatro de Castilla y León 2022
Premio María Casares 2023 a Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Texto Orixinal, Mellor Actriz Protagonista (Noelia Castro)
Premio de Público da Mostra Internacional de Ribadavia 2023
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h