Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Bibopalula 07.06.2025

Bibopalula. O espectáculo

Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar as pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre todo o que pasa entre as árbores…

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

07/06/2025

Horario:

17.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 15,00 €

Palco: 12,00 €

Principal: 10,00 €

(1.ª fila de principal (visibilidade reducida) 8,00 €)

*Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

*Desconto do 25% para familia numerosa

(Para que se apliquen os descontos é necesario presentar a documentación que acredita o desconto no momento da compra e do acceso ao teatro.)

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

A Banda do Bosque recibe de parte do señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a procura a distintos obstáculos, pero tamén a momentos emocionantes arredor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.

No medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como O terremoto, As estrelas ou A poza, con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 4 a 8 anos.

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho do Teatro Colón: dende dos horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en