Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Cartaz

Ciclo Principal: Camino a la Meca

De Athol Fugard

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/09/2025 ata o 13/09/2025

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

85 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Unha das principais razóns que atopo para sumarme a un proxecto é saber, ou intuír, que será a oportunidade de coñecer e compartir experiencias con persoas que me conmovan para sempre. Fun moi afortunado na miña vida en contar co agarimo e a complicidade de artistas inmensos. Fonte de inspiración.

Namoreime de Lola Herrera en cada encontro. Fascinado co seu carisma, conmovido pola súa lucidez, alucinado pola súa curiosidade e o seu desexo.

Tratábase entón de atopar un material que estivese á altura de semellante muller, que representase dalgunha maneira todo aquilo do que ela desexaba falar. E eu con ela.

El camino a la Meca de Athol Fugard, inspírase nunha muller real, Helen Martins, que se rebelou contra todos os estamentos da súa época. Un ser que persegue o desexo, a luz da inspiración que non corresponde a ningunha idade nin a ningunha xeración. Alguén que prefire as preguntas ás certezas, que valora a súa liberdade e a súa autonomía enfrontando ao seu tempo e ao mundo que a rodea.

Ao lela escoite a voz de Lola latexando en cada texto. Sen transcendencias flota no aire as ganas de vivir con liberdade e de facelo intensamente.

Desexabamos conformar un elenco co que a viaxe fose enriquecedor e pracenteiro, porque todos sentimos que esta será unha experiencia do todo transformadora.

Honrado e entusiasmado por este novo proxecto que creo que vai quedar na mente e nos corazóns dos que o facemos e en cada un dos espectadores que nos acompañen.

Claudio Tolcachir

Con Lola Herrera, Natalia Dicenta, Carlos Olalla

Dirección; Claudio Tolcachir

Produción de Pentación Espectáculos

Venda de entradas soltas a partir do 5 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en