Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Ferrados de Letras

Festival Ferrados de Letras

Para celebrarmos as Letras Galegas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/05/2025

Xa rematou

Horario:

19:30 h 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

  • É obrigatoria a puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez comezada a función.
  • Non está permitido entrar na sala con comida nin bebida (agás auga).
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • Por razóns de seguridade, os carriños e cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • Apagade os móbiles antes de que comece a representación.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto: agra@galizacultura.gal 

Contacto:

Contacto: agra@galizacultura.gal 

agora@coruna.gal

Outro ano máis vai estar no Ágora unha pequena mostra do traballo cultural que, ao longo do ano, vimos facendo na Asociación Veciñal Agra. Traballo aberto ao que a veciñanza se pode incorporar cando queira.

Nos últimos anos mudamos o formato deste espectáculo programando unicamente mostras dos colectivos que veñen tendo actividade cultural na Asociación. É así que teremos o grupo Parabéns, que nos han achegar ao seu xeito de facer a música que senten, aos gaiteiros/as, a Tradivivas Agra (cantareiras/os e pandeireteiras/os), a cantadores e cantadoras... en definitiva, a unha morea de amigas e amigos que entenden que facer e espallar a nosa cultura é unha obriga que todas e todos temos como habitantes desta terra.

Mais este ano temos unha novidade: todas e todos os asistentes ao Ágora ides ter a oportunidade de actuar no espectáculo. Vanse repartir na entrada algunhas cantigas tradicionais e populares para que, cando se indique desde o escenario, aquelas persoas que as queirades recitar ou cantar poidades facelo (unha persoa da organización indicará o xeito e o momento de o facer).

As Letras Galegas deste ano son unha homenaxe á cultura tradicional representada nunhas poucas cantareiras. Pois ben, foron miles as que cantaron, tocaron, bailaron e fixeron cultura nos seráns, nos turreiros, nas foliadas, nas xuntanzas familiares e amicais, nos traballos do campo e do mar... e somos moitas as persoas que seguimos ao facer no día a día. É por isto que, a homenaxe deste ano é colectiva e cadaquén podemos sentírmonos parte desta homenaxe.

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en