
A primeira edición do festival Galiza canta lírico ofrece un concerto da soprano Marta Casas acompañada de seis instrumentistas cun repertorio de cancións galegas con letras de diferentes escritores: Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Vicente Risco, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao... Tamén interpretarán algún dos seis poemas escritos en galego por Federico García Lorca.
Para público en xeral
11/05/2025
Xa rematou
Horario: 19:30 h
70 minutos
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
Este concerto, a menos dunha semana da celebración da Letras Galegas, ten como obxectivo mostrar o contraste entre a vertente popular e a académica ou "culta", cunha temática baseada nos cinco eixos que caracterizan a cultura, a historia e a idiosincrasia galegas: o mar; a relixión, a morte e o máis alá; o traballo no campo; o campo, a feira e as festas; a emigración.
Marta Casas (soprano e concertista de castañolas): obtén a carreira de canto na Escola Superior de Canto de Madrid e é máster en Interpretación e Investigación Musical pola Universidade Rei Juan Carlos de Madrid. Recibe aulas, entre outros, de Fernando Balboa, Josep Carreras, Mirella Freni, Mariella Devia, Manuel Burgueras, Tony Manoli, Ana María Sánchez, María Bayo... Nivel avanzado de castañolas de concerto polo CID- UNESCO, presentouse en diversos escenarios, destacando o Carnegie Hall de Nova Iorque no 2023 e no 2024.
Álex Ruiz (gaiteiro): comenzou os seus primeiros pasos no nundo da gaita na A. F. Os Gaiteriños, no coruñés barrio da Gaiteira e hoxe é un dos gaiteiros do laureado coro Cántigas da Terra. Participaron na súa formación grandísimos mestres como Leonardo Corral, Xosé Casal ou Ricardo Santos.
Kúmbal Trad: grupo nado en 2013. Impulsado por Polo Pérez, está dedicado especialmente ao repertorio de música de bailes tradicionais e ao do repertorio de danzas do mundo (Macedonia, Turquía, Armenia, Bulgaria, Israel, Francia, Romanía, Grecia, Rusia, ...). Actuou por toda a xeografía galega, máis tamén en Portugal, Cataluña, Valladolid (na praza da Catedral ou na Cúpula do Milenio, entre outras) ou Toledo, lugares aos que acude con regularidade. Formado por: Polo Pérez (acordeón), Pepe Ríos (guitarra e voz), Jorge García (clarinete), Adolfo Alemany (contrabaixo e viola da gamba) e Moisés Gestal (violín e arranxos).
PROGRAMA
*Cancións 1ª á 7ª (agás a número 5) do álbum dedicado a Fernández-Cid. Adaptacións: Andrés Pérez e Moisés Gestal