Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Bye bye Tiberias 06.03.2025

Marzo 2025 - O DOC DO MES - "Bye Bye Tiberias"

'Bye Bye Tiberias', o documental de marzo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/03/2025

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Duración:

82 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://docsbarcelona.com/es/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A cineasta Lina Soualem viaxa atrás no tempo para capturar as historias transmitidas por catro xeracións de mulleres palestinas da súa familia.

Aos vinte anos, Hiam Abbass deixou o seu pobo natal palestino para seguir o seu soño de converterse en actriz en Europa, e deixou atrás a súa nai, avoa e sete irmás. Trinta anos despois, a súa filla cineasta Lina regresa con ela ao pobo e cuestiona por primeira vez as decisións da súa nai, o seu exilio elixido e a forma en que as mulleres da súa familia influenciaron ambas as vidas. Situada entre o pasado e o presente, Bye bye Tiberias reúne imaxes de hoxe, gravacións familiares dos noventa e arquivos históricos para retratar catro xeracións de mulleres palestinas que manteñen viva a súa historia e legado a través da forza dos seus lazos a pesar do exilio, a desposesión e o desamor.

Un documental de Lina Soualem

Francia, Bélxica, Catar e Territorios Palestinos 2023

82 minutos - VOSE en francés e árabe subtitulado a español

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS e distintivo ESPECIALMENTE RECOMENDADA PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de venda de entradas do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en