Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Kraken Media organiza un pase especial con coloquio da curtametraxe "Adeus, Berta" (2025), dirixida por Fernando Tato, escrita pola coruñesa Ángela Andrada e apoiada pola Xunta de Galicia (Axudas á Produción), polo ICAA e pola Deputación da Coruña (axudas á Distribución).
"Alicia chega á casa dos seus pais na Pobra do Caramiñal para elixir a roupa que levará a súa nai no velorio. Alí atópase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde estaba ingresada".
A curtametraxe estreouse na Semana de Cine de Medina del Campo e participou en festivais como Cans, Astorga, Cine Madrid PNR ou a Semana de Cine de Lugo, entre outros.