CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS TALLERES DO PROGRAMA DE LECER - PRIMAVERA 2026
Calendario de inscrición e pago
Talleres de continuidade: 14-15 de abril
- Mediante transferencia á conta cuxo titular é OS VENTOS - Banco Santander ES95 0049 7796 1426 1000 4476 (concepto: FÓRUM ou ÁGORA). É imprescindible enviar comprobante por correo electrónico a forumagora@osventos.com ou depositar nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. de DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Fórum ou Ágora) e o/s taller/es pagados. *Non se admitirán pagos con data posterior ás indicadas.
- Presencialmente en Ágora ou Fórum, das 9.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 h. *Só se admitirán pagos con tarxeta.
Novos talleres - Novos/as participantes
- Preinscrición: dende o 13 de abril a partir das 9.00 h e ata o 14 de abril ás 20.00 h. A preinscrición presencial será das 9.00 ás 14.00 h.
- Publicación de listas con número de sorteo: mércores 15 de abril ás 10.00 h na web municipal, na web de Cultura e no servizo 010.
- Sorteo público: xoves 16 abril ás 9.00 h na conserxería do Fórum Metropolitano.
- Número de sorteo no Fórum: 45
- Número de sorteo no Ágora: 112
- Publicación de listas de prazas adxudicadas e de listas de espera: venres 17 de abril ás 9.00 h na web municipal, na web de Cultura e no servizo 010.
- Pago de novos talleres: 17-18 de abril. De maneira telemática ata o día 18 de abril ás 20.00 h ou presencial o venres 17 de abril das 9.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 h, unicamente con tarxeta.
- Adxudicación de prazas nos talleres sen lista de espera: o luns 20 de abril en horario das 9.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 h atenderase ou público en cada uns dos centros. O martes 21 de abril será unicamente das 9.00 ás 14.00 h.
- A inscrición será directa e farase no centro correspondente e aboando con tarxeta ata esgotárense as prazas.
Cota de inscrición:
20,00 € por taller para as persoas menores de 65 anos
14,00 € por taller para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos talleres.
Para máis información prema nas seguintes ligazóns:
Programa de Lecer Ágora primavera 2026
Programa de Lecer Fórum primavera 2026
PREINSCRICIÓN: luns 13 e martes 14 de ABRIL, a través de formulario:
Actividades no Ágora:
https://forms.gle/gAzVMFr91cw6Z1UY6
Actividades no Fórum:
https://forms.gle/CJg3x4oTNv2WbArg8