Concello da Coruña

Concello da Coruña

1846. Revolución Galega

Proxección e coloquio co director

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/06/2026

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Organiza:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a Fundación Galiza Sempre e as asociacións veciñais da Agra do Orzán e Oza-Gaiteira-Os Castros

O próximo 30 de xuño ás 19.00 h, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a Fundación Galiza Sempre e as asociacións veciñais da Agra do Orzán e Oza-Gaiteira-Os Castros organizan a presentación do documental 1846 revolución galega. Un documental que aposta por unha combinación de animación tradicional para as recreacións históricas e un traballo de investigación que incorpora testemuños de especialistas en historia, co obxectivo de contextualizar os feitos e ofrecer unha visión divulgativa e accesible sobre un episodio descoñecido da nosa historia. A proxección terá lugar no Fórum Metropolitano e nela participará o director do documental e autor desta investigación, César Caramés.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión