Da man de Arantxa Fernández Crespo e Alberto Fuentes Valcárcel descubriremos a impronta que deixou a illa de Cuba na Coruña tras crearse en 1764 a liña comercial entre ambos os lugares, ata a retirada do cónsul cubanO na Coruña en 1961. Son case 200 anos onde o movemento comercial e de persoas entre ambos os portos foi moi importante, relación que se plasmou na sociedade coruñesa e na súa arquitectura.
Persoas adultas
Os días 23/07/2025 ás 12:00 , 30/07/2025 ás 12:00 , 06/08/2025 ás 11:30
Dende o 16/07/2025 ata o 23/07/2025
Require inscrición previa.
As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera.
O número de participantes variará dependendo dos requisitos e das necesidades de cada actividade en concreto.
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
20
Biblioteca de Estudos Locais
Teléf.: 981 18 43 86
Na primeira sesión entregaráselle ás persoas participantes un dosier con bibliografía e textos seleccionados.
SESIÓN 1 (23 de xullo, 12 h) : conferencia divulgativa por Alberto Fuentes Valcárcel sobre a pegada cubana na Coruña a través dun percorrido histórico e os personaxes que poñen en relación as dúas cidades. A conexión entre elas comeza en 1764 coa apertura do Porto da Coruña a través dos correos marítimos e consolidado en 1778 ao comercio con América, creándose a liña comercial a través de Cuba. Un feito tan significativo para A Coruña inaugúrase coa construción de novas institucións e o embelecemento e decoro da cidade. Ademais, empezan a chegar á Coruña unha gran cantidade de empresarios, comerciantes e traballadores procedentes de toda España e Europa, para explotar o novo porto coruñés. O éxito comercial vaise reflectir na arquitectura coruñesa mentres que Cuba vai nutrir da emigración galega.
SESIÓN 2 (30 de xullo, 12 h): Conferencia divulgativa por Arantxa Fernández Crespo sobre a pegada galega na Habana a través dun roteiro virtual que enlaza lugares habaneiros reais con referencias da diáspora galega usando imaxes actuais e históricas, documentos de prensa e testemuños. Este roteiro está deseñado como un camiño virtual polas principais rúas da Habana Vieja, seguindo algunhas das pegadas galegas aínda visibles na actualidade e que, en moitos casos, xa teñen unha significación propia dentro da historia habaneira.
SESIÓN 3 (6 de agosto, 11:30h): Visita guiada de 2 horas pola Coruña que explora a profunda conexión entre Galicia e Cuba, a través da memoria material e inmaterial dos galegos que emigraron e regresaron da Gran Antilla. Este percorrido de 1,2 km levaranos a través de 200 anos de historia compartida, desde a apertura do porto da Coruña ao comercio con América en 1764 ata o peche do consulado cubano coruñés en 1961.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar