Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bicentenario Marcial do Adalid: a memoria cantada

A Coruña celebra en 2026 o bicentenario do nacemento do compositor Marcial del Adalid, figura clave do Rexurdimento e da identidade musical galega.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 09/09/2026 á 01:00 , 10/09/2026

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Academia Galega Belas Artes

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Para honrar o seu legado, a Real Academia Galega de Belas Artes organiza dous concertos extraordinarios no Teatro Colón da Coruña, os días 9 e 10 de setembro, no que participarán oito institucións corais galegas que posúen a Medalla "Marcial do Adalid", o máximo recoñecemento da Academia á excelencia polifónica. O encontro reivindica o papel dos coros como memoria colectiva desde o século XIX ata hoxe, á vez que reafirma o compromiso de Galicia coa excelencia artística.

Convidamos o público coruñés a participar nun fito que une tradición, cultura e futuro, coas seguintes corais históricas:

• Coral Polifónica de Bergantiños

• Agrupación Focclórica Cantigas e Agarimos

• Real Coro Toxos y Froles

• Coral Polifónica El Eco

• Coral De Ruada

• Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

• Coro Galego Cántigas da Terra

• Coral Polifónica Follas Novas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión