Concello da Coruña

Concello da Coruña

Charla: Eclipses ao longo da Historia: medo, mito e ciencia

Charla en colaboración co Planetário do Porto. Esta actividade aborda a dimensión cultural, histórica e científica das eclipses e inclúe, así mesmo, orientacions para a súa observación segura.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Familias

Cando:

20/07/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 12:30 h. a 13:30 h, con espazo final para preguntas das persoas asistentes.

Duración:

1 h aproximadamente

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

bestudiosl@coruna.gal

Tel.: 981 184 386

O 20 de xullo ás 12:30 h, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais recibiremos a Juan Nolasco do Planetario do Porto - Centro Ciencia Viva (Portugal), para falarnos das Eclipses ao longo da Historia.

A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será o fenómeno astronómico máis destacado do ano en toda a Península Ibérica. A partir deste evento, proponse unha viaxe a través da Historia, explorando como as eclipses foron interpretados entre o medo, o mito e a ciencia.

Así mesmo, abordaranse as súas representacións na arte, a literatura e a cultura, convidando o público a comprender e vivir este fenómeno de forma informada, consciente e segura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión