Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cinenterraza 2023: "A matanza de Texas"

“Baseada en feitos reais, a película narra a viaxe ao horror dun grupo de amigos que se perden coa súa furgoneta no máis profundo de Texas e que se atopan cunha familia de sádicos dementes”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/07/2023

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Pídese puntualidade. Unha vez que comece a película non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Quizais o filme máis aterrador de todos os tempos, a ópera prima de Tobe Hooper subministra toneladas de angustia a unha atmosfera malsá que afecta as persoas espectadoras de forma visceral grazas a un extraordinario deseño sonoro e a unhas imaxes que golpean os sentidos coma un martelo.

Título orixinal: The Texas chainsaw massacre. Ano: 1974. Duración: 83 min. País: EEUU. Director: Tobe Hooper. Guión: Tobe Hooper e Kim Henkel. Música: Tobe Hooper e Wayne Bell. Elenco: Marilyn Burns, Paul A. Partain, Edwin Neal e Gunnar Hansen.

Convidado: Dani Viqueira (director)

Perfil biográfico: director, editor e operador de cámara para produtoras como Vaca Films ou Portocabo. As súas curtametraxes levaron varios dos premios internacionais máis importantes do cinema de xénero, como o Meliés d'Argent para Limbo.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum: dende media hora antes do comezo da proxección (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en