Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cinenterraza 2023: "Pig"

Un solitario personaxe vive no máis profundo dos bosques de Oregón xunto á súa porca trufeira. O día que lla rouban, o noso heroe emprenderá unha viaxe iniciática na súa procura e os segredos do seu pasado sairán aos poucos á luz.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/07/2023

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Pídese puntualidade. Unha vez que comece a película non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Extraordinaria ópera prima e un Nicolas Cage comedido e exacto para unha película que sorprende e que emociona. Un auténtico tratado humanista sobre o mundo no que vivimos.

Ano: 2021. Duración: 92 min. País: EEUU. Director: Michael Sarnoski. Guión: Vanessa Block e Michael Sarnoski. Música: Alexis Grapsas e Philip Klein. Elenco: Nicolas Cage, Alex Wolff, Adam Arkin e Nina Belforte.

Convidada: Saamira Ganay (actriz e presentadora)

Perfil biográfico: Saamira é presentadora, cantante e actriz en infinidade de series, películas e obras de teatro. Tamén organiza obradoiros de interpretación para colectivos de mulleres migrantes e é adestradora persoal ou coach de interpretación para cantantes.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum: dende media hora antes do comezo da proxección (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en