Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Concurso de música tradicional Xacarandaina

Un ano máis, a Asociación Cultural Xacarandaina organiza o seu Concurso de Música Tradicional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/05/2025

Xa rematou

Horario:

10.30 h e 16.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

  • 5,00 € por sesión (mañá ou tarde)
  • 8,00 € por abono para ambas as sesións
  • Menores de 3 anos, con invitación (que se debe retirar no despacho de billetes físico de forma anticipada)

* Toda aquela persoa que acceda ao auditorio debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de se ocupa ou non butaca.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización.

• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación Cultural Xacarandaina

O concurso terá lugar o domingo 25 de maio de 2025, en horario de mañá e tarde, e nel participarán grupos de pandeireteiras e pandeireteiros de asociacións folclóricas, recreativas, culturais, de veciños, centros parroquiais, etc.

Menores de 3 anos, entrada con invitación (só se repartirán en despacho de billetes físico).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en