Actividade para nenos e nenas entre 10 e 12 anos, na que realizarán obradoiros sobre a bioloxía dos tiburóns e durmirán na sala Nautilus
Nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2015
Para público en xeral
Os días 13/06/2025, 27/06/2025
Preinscrición pechada. Prazas esgotadas
Desde as 20.00 horas do venres ata as 11.00 horas do sábado
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
20 prazas por sesión
45 euros
20 euros para os nenos e nenas membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses
A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza, en colaboración co Aquarium Finisterrae, unha actividade para nenos e nenas de entre 10 e 12 anos na que realizarán obradoiros sobre a bioloxía dos tiburóns (identificación, reproducción, alimentación, etc.) e durmirán na sala Nautilus, rodeados de tiburóns.
Convocaranse dúas sesións para o mes de xuño, dirixidas a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2015. En cada sesión, convocaranse un máximo de 20 prazas e desenvolverase nun horario comprende das 20.00 horas dun venres ata as 11.00 horas do sábado seguinte.
A preinscrición para as dúas sesións, que serán o 13 e o 27 de xuño, abrirase en liña, ás 9.00 horas do luns 19 de maio, neste formulario.
Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal, e deberá levar a súa propia comida e utensilios.
Programa de actividades en cada sesión
Venres
Sábado