O futuro do autobús da Coruña, decídelo ti!
Para público en xeral
10/06/2025
Centro Cívico Eirís. Rúa Terranova de Eirís 7. 15009 A Coruña
Concello da Coruña
participabus@coruna.gal
O Concello da Coruña está a realizar un estudo para o novo servizo de transporte urbano da Coruña. O obxectivo principal deste é realizar unha análise técnica integral do transporte público urbano da Coruña, co propósito de optimizar e mellorar a mobilidade na cidade.
Ademais, coa intención de ter o mellor retrato da cidade, o Concello pon en marcha un proceso participativo e aberto á cidadanía para recompilar información sobre as necesidades da cidadanía e dos axentes chave implicados na mobilidade, co fin de mellorar o servizo.
Que significa? Que a cidadanía poderá participar de xeito directo no proceso do deseño do novo mapa de liñas do autobús que marcará o futuro do transporte na Coruña.
Como podo participar? O Concello abre dúas canles de participación para os coruñeses e coruñesas.