Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Festival Ferrados de Letras para celebrarmos as Letras Galegas

Outro ano máis vai estar no Ágora unha pequena mostra do traballo cultural que, ao longo do ano, vimos facendo na Asociación Veciñal Agra. Traballo aberto ao que a veciñanza se pode incorporar cando queira.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/05/2025

Xa rematou

Horario:

19:30 h 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

19: 30 h 

Nos últimos anos mudamos o formato deste espectáculo programando unicamente mostras dos colectivos que veñen tendo actividade cultural na Asociación. É así que teremos o grupo Parabéns, que nos han achegar ao seu xeito de facer a música que senten, aos gaiteiros/as, a Tradivivas Agra (cantareiras/os e pandeireteiras/os), a cantadores e cantadoras... en definitiva, a unha morea de amigas e amigos que entenden que facer e espallar a nosa cultura é unha obriga que todas e todos temos como habitantes desta terra.

Mais este ano temos unha novidade: todas e todos os asistentes ao Ágora ides ter a oportunidade de actuar no espectáculo. Vanse repartir na entrada algunhas cantigas tradicionais e populares para que, cando se indique desde o escenario, aquelas persoas que as queirades recitar ou cantar poidades facelo (unha persoa da organización indicará o xeito e o momento de o facer).

As Letras Galegas deste ano son unha homenaxe á cultura tradicional representada nunhas poucas cantareiras. Pois ben, foron miles as que cantaron, tocaron, bailaron e fixeron cultura nos seráns, nos turreiros, nas foliadas, nas xuntanzas familiares e amicais, nos traballos do campo e do mar... e somos moitas as persoas que seguimos ao facer no día a día. É por isto que, a homenaxe deste ano é colectiva e cadaquén podemos sentírmonos parte desta homenaxe.

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en