Festival solidario no que participan os grupos da escola a modo de exhibición e os fondos recadados destínanse á ONG GRUMICO, que loita por defender os dereitos e intereses das persoas con discapacidade.
Para público en xeral
09/05/2026
16.00 h e 19.00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE
Actuar con responsabilidade.
agora@coruna.gal
Como todos os anos, participará o alumnado infantil, xuvenil e adulto de baile tradicional, pandereita, gaita, acordeón e percusión.
Nesta edición, o que se recadou na venda de entradas será doado a Grumico Persoas con Discapacidade, que loita por defender os dereitos e intereses das persoas con discapacidade.
A entrada terá un custo de 3 € e poderás conseguir a túa no despacho de billetes do Ágora, en www.ataquilla.com ou na praza de Ourense da Coruña.
Ademais, podes colaborar coa ONG realizando unha doazón a través dunha transferencia bancaria (ES81 0081 2135 7500 0114 0818).
Esperámosvos!