A VIII Gala Solidaria Fundación Tierra de Hombres Galicia, dirixida por Alexandra Vidal e presentada por Iria Tato, chega ao Ágora cun propósito moi especial: apoiar os proxectos de axuda á infancia da Fundación Tierra de Hombres Galicia.
Para público en xeral
07/06/2025
18.30 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada xeral: 10,00 €
Desconto do 20% para persoas con Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
Desconto do 25% para familias numerosas
Menores de 3 anos: 2,00 €
Máis de 100 alumnos e alumnas da escola DANZA 10 subirán ao escenario para ofrecer un espectáculo cheo de emoción, esforzo e ilusión, con coreografías de distintos estilos de baile que prepararon durante meses.
Toda a recadación obtida coa venda de entradas será doada integramente á Fundación Tierra de Hombres, como mostra do compromiso coa infancia máis vulnerable.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.