Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Gerardo Porto 1925-2025

Unha exposición que repasa a traxectoria deste artista coruñés.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/05/2025 ata o 06/07/2025

Horario:

De luns a domingo, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

Contacto:

kioscoalfonso@coruna.gal

A mostra conmemora o centenario do artista e, ao mesmo tempo, rende homenaxe ao seu legado.

É unha oportunidade única para reflexionar sobre o seu impacto na arte. As 120 obras seleccionadas dentro dos seus últimos 30 anos de traballo brindan unha excepcional visión da súa evolución e da profunda conexión que mantivo coa súa paixón pola arte.

Ademais de ser unha homenaxe, esta exposición ten un propósito claro: manter viva a admiración pola súa obra e achegar a súa arte ás novas xeracións.

A luz, o sentimento e a emoción que transmite o seu traballo son o fío condutor nesta mostra. As pezas permitirán ver a evolución do seu estilo, ademais de ofrecer unha xanela á súa visión artística máis madura.

Documentos relacionados

  • Catálogo GERARDO PORTO 1925-2025 (6 MB)

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en