Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Gran Gala Internacional GALICIA ILUSIONA

Chega a cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/10/2025 ata o 17/10/2025

Horario:

Xoves 16 de outubro: 18.00 e 20.30 h

Venres 17 de outubro: 18.30 e 21.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea e palco: 19,00 €

Principal: 16,00 €

1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 14,00 €

Desconto do 20% para carné xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

Desconto do 25% para familias numerosas

*Os descontos aplicaranse tras a presentación previa do documento que acredita o dito desconto

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de que vaia ocupar butaca ou non.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Galicia Ilusiona, SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario.

A gala estará conducida polo Mago Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de David Burlet (Francia), Nacho Samena (Galicia), Seimei (Corea) e a incrible posta en escena da Compañía Mag Edgard (Barcelona).

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en