Concello da Coruña

Concello da Coruña

Hostalería polo clima

Na Coruña encántanos a gastronomía, as boas sobremesas e, sobre todo, coidar do planeta. Así é como os nosos hostaleiros innovan na cociña mentres toman medidas para reducir o seu impacto no medio ambiente.

A Coruña viviu unha auténtica revolución gastronómica nos últimos anos. Convertida na cidade máis cosmopolita de Galicia, é berce de restaurantes de autor, de pequenas tabernas inspiradas nos sabores do mundo e, sobre todo, dunha canteira de profesionais da hostalería que traballan para poñer en valor os produtos de proximidade e de calidade. O obxectivo: ofrecer unha cociña de calidade e, sobre todo, respectuosa co medio ambiente e promover un consumo sustentable.

Para tomar medidas que axuden a reducir o impacto sobre o medio ambiente, o sector conta na Coruña co apoio de Hostalería polo clima, unha iniciativa que impulsa a acción contra o cambio climático e que conta coa participación de Coca-Cola. O proxecto axuda aos hostaleiros para reducir CO2 a bares, hoteis, cafeterías e locais de lecer. Pequenos xestos como lograr o desperdicio cero ou reducir o consumo de auga son algunhas das medidas impulsadas por Hostalería polo clima, presente en toda España, e con cada vez máis locais adheridos na Coruña.

A través deste proxecto o sector achega o seu granito de area contra o cambio climático. Así, é fácil atopar na Coruña restaurantes que traballan só con alimentos de proximidade e ecolóxicos, e producidos de forma local. Isto axuda a reducir a pegada de carbono ao evitar desprazamentos longos e innecesarios dos alimentos e favorécese a economía local. Igual de importante é implementar medidas que axuden a un menor consumo de auga e electricidade dentro dos locais.

É fácil atoparse na Coruña con establecementos comprometido co cambio climático algo que pode apreciarse tamén no uso de materiais e mobiliario reciclado; no fomento do uso de bicicleta instalando aparcabicis diante dos locais ou evitando o malgasto de envases de usar e tirar.

¡Porque a hostalería é máis saborosa cando está comprometida!

Nesta ligazón atoparás toda a información www.hosteleriaporelclima.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión