Xa está aquí a segunda edición das xornadas gastronómicas 'A Coruña, que bonito!', un evento no que 28 restaurantes da cidade crean auténticos manxares co bonito da Lonxa da Coruña.
Este verán non hai escusas para degustar o mellor bonito do mundo na Coruña. Ata o 17 de agosto diferentes establecementos hostaleiros ofrecen un total de 37 elaboracións con este peixe. Algunhas delas mesmo inclúen a recomendación dunha maridaxe con cervexas 1906 Estrela Galicia, entidade colaboradora.
Lista de restaurantes e pratos
A Pulpeira de Melide: Tartar de bonito e ovo frito / Bonito medio asado, allo branco e cereixa.
Arraigo: Tartar de bonito con emulsión de tomate e pexego / Bonito con escuma de fiúncho, espinacas e piñóns.
Cantón 23: Bonito asado, patacas e salsa de marmitako.
Charlatán: Bonito curado, gaspacho de cereixas e menta chocolate. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Pelirroja.
Cosecha 81: Zorza de bonito / Lingote do norte.
Culuca: Bonito á brasa con escabeche de cenoria. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Pelirroja.
Golosía: Bonito e larpeiro.
Greca Bar: Lombo de bonito curado con allo branco e verduras de tempada. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Milnueve.
Intenso: Bonito curado, sopa de yuzu e mandarina. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Pelirroja.
La.Con.Fusión: Rolo recheo / Bonito con pisto.
La Sifonería Gastrobar: Tataki de bonito e nectarina.
La Teresa: Marmitako de bonito. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Milnueve / Tataki de bonito con gaspacho de cereixas e aceite de alfábega.
Mesón de Herves: Tomate confeitado con bonito do norte, froitas de verán e améndoa / Bonito do norte salteado con salsa ponzu, chícharo e alioli / Lombos de bonito do norte con tomate, pataca nova e a súa allada.
Miga: Bonito do norte con tomates. Recomendada maridaxe con 1906 La Milnueve.
Millo Orzán: Bonito e amorodos. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Pelirroja.
Pablo Gallego Restaurante: Bonito con trigo e pico de galo. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Milnueve.
Peculiar: Bonito curado en auga de mar, escabeche lixeiro e mostazas eco. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Milnueve.
Pracer: Bonito curado, tomate confeitado e licuado de acelga ecolóxica. Recomendada maridaxe con 1906 La Milnueve.
Restaurante Esencia: Tartar de bonito con mazá ácida. Recomendada maridaxe con 1906 La Milnueve.
Restaurante La Marola - Hotel Zenit Coruña: Croqueta tenra de ventresca de bonito con alioli de lima / O noso pan brioche con tartar de bonito e emulsión de xema curada / Lombo de bonito á prancha con salsa elaborada coas súas espiñas e crema lixeira de boletus confeitados / Semiesfera de mousse de vainilla con infusión de amorodos e menta. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Milnueve.
Restaurante Morriña: Bonito á brasa con verdura de tempada. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Milnueve.
Salitre: Bonito con emulsión de escabeche branco.
Taberna 5 Mares: Bonito medio asado con aliño de salpicón, piparra fritida e conservas en vinagre.
Taberna da Galera: Gilda de bonito e piparra con salsa ponzu.
Taberna da Tabacalera: Bonito á brasa con escalivada e puré de batata.
Terreo Cocina Casual: Bonito medio asado con mollo de algas. Recomendada maridaxe con 1906 La Milnueve.
Tienda A Mundiña: Bonito curado e afumado con alloverde de pistachos.
Ultramarinos Galera: Ceviche de bonito ao estilo peruano. Recomendada maridaxe cunha 1906 La Pelirroja.