Un espectador definiu algunha vez este show como “caseta up poetry“. É un recital de poesía onde “duran máis as presentacións dos poemas que os propios poemas”, en palabras da propia Lúa.
Para público en xeral
11/07/2025
21.00 h
Platea / palco central / palco lateral: 15,00 €
Principal: 12,00 €
1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 10,00 €
* Desconto do 20% para carné xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
*Desconto do 25% para familias numerosas
*A documentación que acredite o desconto debe presentarse no momento de comprar a entrada e de acceder ao teatro.
Rababiero Promocións, SL
É un espectáculo que te remove por dentro, que te leva con sorprendente facilidade da risa ao pranto, que che enche o peito e faite sentir viva. A personalidade de Lúa en escena é irresistible e á vez próxima. A súa poesía sensible, belixerante, certeira. Ela recita o seu particular "spoken word", unha disciplina a medio camiño entre o rap e a poesía oral, mentres Pablo a acompaña con pezas musicais creadas para cada poema nunha simbiose emocionante. Difícil non deixarse levar e non derramar algunha bágoa, sobre todo con poemas xa tan coñecidos como "Cagar coa porta aberta" ou "Márchate, Mina", "Chicle" ou o poema-canción "Otto", no que Lúa recita a primeira parte e Pablo canta a segunda.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades