#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 15 de decembro ás 19.00 h, na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina" de Ilian Pappé (Editorial Galaxia).
Presentación a cargo do traductor da obra, Carlos Aymerich.
Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros
Resumo:
Pappé expón en Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina as raíces coloniais do enfrontamento, desmontando mitos sobre a súa suposta complexidade. Explica como o sionismo, con apoio occidental, desprazou e oprimiu o pobo palestino, convertendo o conflito nunha loita desigual. Destaca a Nakba de 1948, a ocupación de 1967 e as circunstancias actuais en Gaza e Cisxordania como fitos dun proceso de limpeza étnica.O seu relato desafía a narrativa oficial e esixe xustiza histórica.
Ilian Pappé
(Haifa, 1954) é profesor de Historia na Universidade de Exeter, Reino Unido, codirector do Centro Exeter de Estudos Etno-Políticos. Foi profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Haifa, onde tamén é director do Instituto Emile Touma de Estudos Palestinos.
Acceso libre até completar a capacidade.
Tamén che pode interesar