Venda de entradas desde o martes 4 de novembro de 2025 ás 11.00 h
Para público en xeral
11/04/2026
20.30 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
Os prezos oscilan entre os 50,00 € e os 70,00 € segundo zona
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Organizado por Cávea Producións
Luz Casal presenta en xira o seu novo disco Me vou permitir, o traballo máis ecléctivo e inclasificable da súa carreira, no que se concede o antollo de mostrar dez caras, tantas como cancións: dez actitudes, dez miradas, dez formas de entender o mundo. Móvese coa liberdade de quen xa non ten que demostrar nada. Ensina as súas cartas como dama da chanson francesa e voz contemporánea do cancionero latinoamericano. Como cronista do cotián e rockeira que xamais colgou os pantalóns de coiro.
Xa o advertiu Pablo Guerreiro: Luz pode acariñar como a seda ou desgarrar como os cabeiros dun animal ferido. Capaz de cantar desde o despeito ou a esperanza, canalla ou luminosa, libérrima sempre.
Este novo espectáculo, é unha ponte entre pasado e futuro, certifica a súa dobre condición de compositora intuitiva e talentosa e intérprete excepcional, capaz non só de coantar senón de habitar as cancións, sexan súas ou alleas.
Allea á pirotecnia e os artificios, permítese non seguir máis sinais que as do seu propio instinto, unha liberdade que lle brindou a admiración do público, o respecto da crítica yla complicidade dos seus colegas, un triplo recoñecemento que se produce en contadas ocasións.
Luz Casal estará acompañada por: Tino dei Geraldo, Jorge F. Follea, Peter Oteo, JM Baldoma "Baldo" e Borja Montenegro.
VENDA DE LOCALIDADES