María de Buenos Aires, a lendaria operita-tango de Astor Piazzolla e Horacio Ferrer, chega nunha impactante versión contemporánea onde música en directo, danza, teatro e electrónica fúndense nun universo poético, escuro e profundamente evocador.
Para público en xeral
04/07/2026
21.00 h
Platea: 40,00 €
Platea - localidades de visibilidade reducida: 36,00 €
Palcos: 40,00 €
Principal: 30,00 €
1ª fila de principal, visibilidade reducida: 26,00 €
desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas
desconto do 25% para familia numerosa
*Os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredita o desconto
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Galemúsica SLU
teatrocolon@coruna.gal
A través da figura de María, muller convertida en mito, o espectáculo percorre unha viaxe de desexo, violencia, identidade e renacemento no Buenos Aires máis simbólico e nocturno.
Encabezan esta proposta a artista multidisciplinar emerxente Teresa Garzón, tamén responsable da dirección escénica e a coreografía, e o recoñecido barítono galego Borja Quiza, que achega toda a súa forza vocal e escénica a unha posta en escena de gran potencia visual e emocional.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades