Unha actividade para o público que visita o Aquárium as fins de semana, ás 18.00 horas
Público xeral
Para público en xeral
Dende o 11/05/2025 ata o 29/06/2025
Fins de semana, ás 18.00 horas (excepto en xornadas de portas abertas)
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
A actividade non ten un custo adicional, está incluído no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquárium Finisterrae.
O Aquárium Finisterrae ofrece as fins de semana unha actividade para as persoas que o visitan. Trátase de charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquárium (polbos, medusas, cabaliños de mar, estrelas de mar...) ofrecidas polo persoal de atención ao público.
Esta actividade nace do interese mostrado polo público do Aquárium por preguntar e profundar nunha gran diversidade de cuestións.
Os monólogos anúncianse por megafonía minutos antes do comezo de cada monólogo, para que as persoas que están a visitar o Aquárium poidan asistir se o desexan.