O papel en branco xa non será un problema con este obradoiro de Escritura Creativa, onde aprenderas a crear personaxes, dar forma ás túas historias e xogar cos estilos literarios.
Persoas adultas a partir de 18 anos
Persoas adultas
Dende o 29/09/2025 ás 18:30 ata o 29/09/2025 ás 20:00 , os luns
Xa rematou
Dende o 01/09/2025 ata o 10/09/2025
Inscrición en liña, ou ben en persoa na Biblioteca Municipal de Monte Alto ou tamén por teléfono chamando ao número 981184382
18.30 - 20.00 h
1.5
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña
8
981 184 382
Se algunha vez quixeches escribir pero o papel en branco te impón, este é o teu momento. A escritora galega María Canosa Blanco acompañarate nun obradoiro onde a teoría e a práctica camiñarán da man para espertar a túa creatividade.
Durante nove sesións, aprenderás estratexias para iniciar un texto, crear personaxes memorables e xogar cos estilos literarios. Traballaremos sobre todo a narrativa, pero tamén haberá unha pequena incursión na poesía. Ao final, cada participante terá escrito un ou varios textos breves como proxecto final.
Obxectivos do obradoiro:
Vivir a experiencia única da creación literaria
Estimular a imaxinación e a expresión creativa
Descubrir a escrita como ferramenta de comunicación
Elaborar textos propios como resultado final do curso
Contidos principais:
Estratexias para iniciar un texto (teoría e práctica)
Tipos de personaxes e como construílos
Creación de textos iniciáticos
Un mesmo contido, distintos estilos literarios