Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación de libro infantil sobre a relación de seres humanos e orcas

Dirixida a público familiar, na presentación haberá cancións, conta-contos, ciencia, arte, anécdotas e moito amor ao mar

A quen vai dirixido?:

Público familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/12/2025

Horario:

A partir das 16.30 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar espazo

«El encuentro» narra a historia de Maruliño, un novo surfeiro de e A Costa da Morte IO, unha orca ibérica que nos descobren que é posible relacionarnos co mar e a vida que habita nela dun modo máis respectuoso.

Escrito por e dAvid Blanco de Rojas ilustrado por , Catalina Rodríguez Villazón«O encontro» naceu como unha ferramenta educativa deseñada para o proxecto deportivo educativo «Aprende a través do surfing». É un conto ilustrado, editado por , Libros del Océanoque expón o necesario entendemento e respecto que os seres humanos habemos de ter co resto de especies coas que compartimos o planeta, descubríndonos a importancia de fomentar prácticas como a pesca sustentable para coidar dos océanos e preservar os animais que os habitan.

Para a creación do libro prestouse especial atención a que todos os detalles que acompañan o relato dotasen de credibilidade ao relato. Por elo contouse co asesoramento de persoas e entidades de referencia no tema, como a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), a Confraría de Pescadores de Malpica e o Marine Stewarship Council.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión