Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Presentación do libro "Cancioneiro de Cabana de Bergantiños"

Autora e autor: Olga Kirk e Pablo Díaz

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/05/2025

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade do auditorio

Organiza:

Asociación Veciñal e Cultural Oza Gaiteira Os Castros

Dúas décadas de traballo e o apoio de tres institucións -Concello, Deputación e Xunta- foron precisos para lle dar forma a un volume que recolle o labor de investigación desenvolvido polos músicos, divulgadores e investigadores Pablo Díaz Carro e Olga Kirk Martínez para recompilar distintas manifestacións da tradición popular de Cabana. Coplas, disputas dialécticas improvisadas, cantos de Nadal e de cego, parrafeos, arrolos e outras formas de expresión orais deslízanse polas páxinas dun volume convertido así mesmo en homenaxe a aquelas persoas maiores que as preservaron na súa memoria e que lles abriron as portas das súas casas a Díaz e Kirk para garantir que non desaparecesen. É por iso que os nomes de todos eles e todas elas ocupan un lugar destacado nas páxinas do libro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en