Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro "La familia de las curanderas", de Marisa Castro

Desde Hércules Ediciones, editorial coruñesa que este ano celebra o seu 40 aniversario, presentan un dos títulos máis recentes do seu catálogo de lectura accesible: "La familia de las curanderas".

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

11/12/2025

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

19.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

O xoves 11 de decembro ás 19.30 h terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Municipal Ágora a presentación da novela "La familia de las curanderas", que relata a vida dunha curandeira galega que viviu nos anos duros da Guerra Civil e a ditadura franquista.

No encontro contaremos coa presencia de Cristina Sola, adaptadora do texto e unha das profesionais máis recoñecidas no ámbito da lectura accesible, así como tamén coa intervención por videoconferencia da autora do texto orixinal, Marisa Castro.

Sobre Marisa Castro

Marisa Castro (Lugo, 1955) é micóloga, doutorada en Ciencias Biolóxicas e socia fundadora da empresa MycoGalicia Plantae.

Durante máis de 30 anos foi profesora na Universidade de Vigo, onde impartiu Botánica e dirixiu casi unha decena de teses doutorais. A súa primeira profesión é a de docente, a segunda, sen dúbida, a de divulgadora científica.

Marisa é ecoloxista, amante da natureza e defensora da liberdade da muller, especialmente na figura da muller rural galega.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión