Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

TODO PÚBLICO primavera 2025 - Os contos do Lobicán, de Redrum Teatro

Espectáculo que mestura intérpretes reais con monicreques.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

24/05/2025

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Duración:

45 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 6,00 €

*Abono 3 (3 entradas para a mesma función: 15,00 €)

Menores de 3 anos: 2,00 €

*O abono 3 só se vende no despacho de venda de entradas.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://www.redrumteatro.com/espectaculo/os-contos-do-lobican/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Os contos do Lobicán é unha historia conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixa unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente. Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea.

O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022

Compañía: Redrum Teatro

Autora: Eva Mejuto

Dirección: Alex Sampayo

Elenco: Guillermo Carbajo e Victoria Pérez

Duración: 45 minutos

Espectáculo en galego

Público: + 4 anos

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en