Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xavier: Momentos naturais

Unha ampla retrospectiva que percorre case cincuenta anos de creación do artista Xavier Vilató, sobriño neto de Pablo Picasso e herdeiro dunha estirpe de creadores que inclúe nomes como José Ruiz Blasco, Élie Lascaux ou Daniel-Henry Kahnweiler.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026

Horario:

Luns a domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h

Visitas guiadas os sábados 20 e 27 de decembro e o 3 de xaneiro de 2026 ás 12.00 horas.

Haberá 25 prazas por visita e a reserva deberá facerse de maneira presencial no Quiosco.

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

Documentos:

Momentos Naturais (7 MB)

A mostra reúne máis de cen obras realizadas entre 1977 e 2025, incluíndo pintura, gravado, escultura e cerámica, e está estruturada en nove momentos creativos e dous gabinetes temáticos. "Acoller esta mostra de Xavier é moito máis que unha exposición: é un diálogo entre pasado e presente, entre memoria e innovación", indicou Inés Rey durante a súa intervención na presentación da exposición.

A alcaldesa definiu a Xavier como "un artista plural, que explora pintura, escultura, gravado, cerámica e mesmo cinema". Nesta mostra comisariada por Marta Volga e Rubén Ventureira, a natureza é protagonista: non só como tema, senón como linguaxe e espazo de reflexión. Cada serie é un "momento" vital, unha invitación para contemplar e sentir, a descubrir a beleza e o sentido que a arte pode achegar ás persoas. "Para o Concello, esta exposición representa tamén a aposta firme pola calidade das mostras culturais que ofrecemos nolos nosos espazos. Queremos que a cidadanía e quen nos visita atopen aquí propostas que emocionen, que conecten coa historia e que proxecten a cidade como referente cultural galego e nacional", sinalou Inés Rey .

A exposición é tamén unha homenaxe á memoria familiar e á historia da arte, pechando un ciclo emocional que une a cidade coa saga Picasso. Como cidade picassiana, esta mostra intégrase na programación anual organizada polo Concello ao redor do artista, tanto na súa Casa Museo como no resto de espazos culturais municipais.

Para ver o dossier completo pique na seguinte ligazón

Momentos Naturais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión