Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

"Xela, a superheroína de aldea", de Inma Soto

Conto teatralizado

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

20/05/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/05/2025 ata o 20/05/2025

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade. 

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

35 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Xela é unha nena valente e atrevida que vive no rural e está moi orgullosa do que descobre na natureza, das hortas e das fragas cheas de animais que ve ao seu arredor. 

Xela conta as súas aventuras dun xeito dinámico e divertido; mostra os beneficios de vivir na aldea e traslada a necesidade de habitar o rural. É a protagonista dun conto que forma parte dun proxecto de Educación Ambiental. O conto é unha ferramenta educativa para dar a coñecer e pór en valor os recursos que existen no noso territorio; identificalos, sentir a natureza como unha oportunidade e facer que as nenas e nenos sintan fachenda do noso patrimonio natural e cultural.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: 

Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade. 

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en