A Fundación Luís Seoane foi creada en 1996 a instancias do Concello da Coruña. A viúva do artista, María Elvira Fernández López, e co fin de constituír un espazo enfocado cara ao estudo da obra de Seoane, realizou entón a doazón do arquivo epistolar e documental.
+ (34) 981 216 379
Proxecto Coruña Idea (CIDEA)
Exposicións:
Martes a domingo e festivos de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00.
Entrada gratuíta.
Centro de divulgación e conservación da obra de Luís Seoane, que alberga un importantísimo legado artístico composto por máis de dous centenares de óleos, toda a obra gráfica editada por Seoane, así como máis dun milleiro de debuxos, bosquexos e primeiras edicións realizadas polo artista.
Igualmente na fundación realízanse exposicións, conferencias, festivais, talleres e actividades culturais ao redor da creación contemporánea.