Concello da Coruña

Concello da Coruña

Termaria - Casa da auga

Termaria, templo de benestar e relax

A poucos metros do océano Atlántico, nunha contorna privilexiada, atoparás un espazo dedicado a consentir os nosos sentidos. Termaria, situada na Casa da Auga, próxima ao Estadio Municipal de Riazor, ofrece todos os beneficios da auga nun dos centros de talasoterapia máis innovadores do noroeste. Mergúllate nunha experiencia relaxante e sorprendente.

Enderezo:

Rúa Manuel Murguía s/n. 15011 A Coruña

Teléfono:

(+34) 981 148 486

Páxina web:

http://www.termaria.es

Servizos:

Aparcadoiro.

Horario:

SPORT

Inverno (setembro a xuño):

Luns a venres de 07.30 h a 23.00 h. Sábado de 09.30 h a 21.00 h. Domingo de 09.30 h a 15.00 h.

Verán (xullo e agosto):

Luns a venres de 07.30 h a 22.00 h. Sábado de 09.30 h a 15.00 h.

PISCINA QUECEMENTO

Luns a Venres pechada de 14.00 a 16.30 h. Resto de días peche ás 14.30 h.

CLUB

Inverno (setembro a xuño):

Luns a venres de 07.30 h a 23.00 h. Sábado de 09.30 h a 21.00 h. Domingo de 09.30 h a 15.00 h.

Verán (xullo e agosto):

Luns a venres de 07.30 h a 22.00 h. Sábado de 09.30 h a 15.00 h.

TALASO

Inverno (setembro a xuño):

Luns a venres de 09.00 h a 23.00 h. Sábado e domingo de 10.00 h a 21.00 h.

Verán (xullo e agosto):

Luns a venres de 09.00 h a 22.00 h. Sábado de 10.00 h a 21.00 h. Domingo de 10.00 h a 15.00 h.

TERMARIA

HORARIO XERAL

Luns a Venres de 7.30 a 22.30 h. Sábados, Domingos e Festivos de 09.30 a 21.00 h.

Desaloxo de actividades, salas e piscinas 15' antes do peche

A instalación permanecerá pechada por festivos; os días 1 e 6 de Xaneiro e 25 de Decembro.

Os días 5 de Xaneiro e 24 e 31 de Decembro, permanecerá pechada desde as 15.00 horas.

Apetéceche gozar dunha experiencia relaxante e sorprendente baseada nos beneficios da auga? Termaria é a túa mellor opción para o relax e o descanso en pleno centro da cidade.

Durante a época estival é moi recomendable que camiñes polo Paseo Marítimo e aproveites para te mergullares nas augas das dúas grandes praias urbanas da Coruña: O Orzán e Riazor. Mesmo podes aproveitar para sacar a túa táboa de surf e montar as ondas do areal do Matadoiro. Cando finalices estas actividades non haberá mellor espazo de recuperación que as instalacións de Termaria.

O centro canaliza a auga do mar polo que as súas piscinas posúen as propiedades dos sales minerais, lodos e algas mariñas do Atlántico. A auga mariña quéntase a unha temperatura similar á do corpo humano e os elementos penetran na pel cos seus correspondentes efectos terapéuticos. Sabías que a auga mariña é rica en cloruro de sodio, cloruro de magnesio e cloruro de potasio, entre outros? Estas substancias son similares ás do plasma sanguíneo, polo que o teu corpo absorberá o mellor delas axudando a mellorar a túa saúde.

As vantaxes desta experiencia non se limitan ao verán. No inverno tamén é un pracer realizar o circuíto termal ademais de ser unha opción saudable que, sen dúbida, o teu corpo agradecerá.

O complexo conta cun circuíto innovador con zonas de contraste, corredores de choiva, ou o desexado pediluvio. Saltarás de piscina en piscina a través de canles acuáticas a diferentes temperaturas que están deseñadas para relaxar a musculatura e mellorar a circulación sanguínea.

Ademais do seu potente percorrido terapéutico, o centro de talasoterapia alberga diferentes saunas (tanto interiores como exteriores), fontes de xeo, terrazas con xardín exterior e salas de descanso con calor infravermella.

Con ganas de te mergullares en Termaria? Achégate e proba, non te defraudará.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión